miércoles, 29 de julio de 2009

HISTORIAS DE GALICIA - TVG

Intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que.

A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo. Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intereses xerais do país e á vida dos galegos, polo que interesa coñecer o pasado usando un método expositivo que permita relacionar os feitos pretéritos coa actualidade.
Produción que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país.
Deste xeito, en cada unha das historias de Galicia están presentes os actores e os factores que en cada momento condicionaron e determinaron o devir histórico: o papel que tiveron os recursos naturais, que significou a localización xeográfica, o sistema de relacións e estruturas sociais e as formas culturais.

Xosé Manuel Vega está á fronte destas novas entregas despois da excelente acollida de público obtida na primeira temporada e de ser distinguida, entre outros premios, como o mellor programa de televisión na edición deste ano dos Mestre Mateo. PARA VER TODOS LOS CAPITULOS DE ESTA SERIE HACED CLICK EN EL CARTEL.

No hay comentarios: