Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de septiembre de 2010

CAMDEN PUNK AU PAIR

XOSE EN LONDRES - 10
Xosé segue a procura de traballo en Londres. Neste caso diríxese ao mítico mercado de Camden, onde falará cun mozo galego que lle axudará nesta difícil tarefa.

Xuntos percorrerán un dos lugares máis asombrosos, eclécticos e cosmopolitas do mundo: o mercado de Camden. Berce do movemento punk, con Xosé comprobaremos como os «punkies» nunca marcharon de alí. Permanecen fieis ás súas crestas, piercings e «cortes de manga».

XOSE EN LONDRES - 11
A busca de traballo non se lle está a dar ben a Xosé. Despois de probar sorte como condutor de rickshaws, tirando de bicicletas con pasaxeiros, Xosé falará cun galego que exerce unha profesión igual de cansa, pero sen saír da casa:
au-pair, que é como en Londres son coñecidos os coidadores de nenos.

Trátase dun dos traballos máis típicos que desenvolven os recén chegados a Londres. Xosé coñecerá as vantaxes e desvantaxes da profesión para iniciar a busca dunha familia que o acolla e lle dea traballo.
Wikio

jueves, 19 de agosto de 2010

GALERIAS SHUNT PISO RICKSHAWS

XOSE EN LONDRES - 08
Xosé segue na procura dun piso onde comezar a facer vida. Despois de visitar o de Hugo, agora probará co de Susana, unha fotógrafa e artista coruñesa que tamén está a piques de mudar de vivenda. Con ela visitará un dos lugares máis estraños, descoñecidos e enigmáticos de Londres.

A sala de eventos Shunt, un espazo de 9.000 metros cadrados de galerías, que no seu momento albergaron viño, e que agora acollen ducias de espectáculos de diferentes disciplinas artísticas. Desde performances, concertos, exposicións, proxeccións. Un lugar inesquecible, e a piques de pechar para sempre. Atopará Xosé un lugar onde quedar? Ou directamente quedará a vivir nas galerías do Shunt?

XOSE EN LONDRES - 09
Agora que Xosé atopou piso, o seguinte paso da súa aventura é traballar para poder mantelo. Xosé enfróntase neste capítulo á súa primeira entrevista de traballo, curiosamente cun empresario galego que leva máis de 13 anos en Londres, agora rexentando unha empresa de transportes, concretamente de rickshaws. Trátase de bicicletas que tiran dun carro e que transportan persoas, normalmente turistas. Un traballo perfecto para coñecer a fondo a cidade e manterte en forma. Veremos como se lle dan as dúas rodas a Xosé.

Wikio

miércoles, 28 de julio de 2010

NOTTING HILL WINDSOR LONDRES

XOSE EN LONDRES - 06 V TELEVISION
Xosé visita a un pontevedrés que vai deixar o seu piso na zona de Notting Hill. Ata alía vai Xosé para coñecelo e, de paso, coñecer o pintoresco mercado de Portobello, unha colorista zona de Londres onde en agosto se celebra unha famosa festa de entroido.

XOSE EN LONDRES - 07
Xosé visita esta semana Windsor o pobo no que ten a Raiña o seu castelo. Alí estará cuns galegos que traballan nunha empresa de videoxogos. Ademáis aproveitará a visita para comer, por primeira vez, comida típica inglesa

Wikio

miércoles, 7 de julio de 2010

ALUGAR APARTAMENTO CHELSEA

XOSE EN LONDRES - 04 V TELEVISION

Xosé segue aloxado na pensión de María, a vilalbesa que coñeceu no seu segundo día en Londres. Agora inicia unha difícil misión, pero non imposible. Tratará de atopar un apartamento para alugar. Ou máis ben, dado os prezos nos que se move a capital británica, busca unha habitación compartida. Estará axudado por outra galega que traballa en Londres coidando nenos. Entre outros lugares, visitará o pintoresco mercado de Whitechapel, onde coñecerá todo tipo de persoas, ningunha delas londiniense.


XOSE EN LONDRES - 05

Despois da pouco frutífera visita ao barrio e mercado de Whitechapel, Xosé coñecerá unha zona bastante máis refinada, en Chelsea, célebre lugar de residencia de moitos famosos, entre eles Mick Jagger, cantante dos Rolling Stones. E farao da man dun bombeiro coruñés que traballa nese mesmo barrio. Iso si, a busca de piso continúa.

Wikio

sábado, 19 de junio de 2010

BICITAXI ALOXAMENTO PELO COMER

XOSE EN LONDRES - 02 V TELEVISION

XOSE EN LONDRES - 03

Xosé aloxouse durante uns días na pensión de María, unha galega de Vilalba que leva máis de 40 anos en Londres. Mentres tanto, intentará atopar unha habitación para alugar. Antes de iniciar a súa busca, neste terceiro capítulo Xosé irá cortar o pelo a unha perruquería onde a perruqueira inglesa, como non, coñece ?Alicanti?, pero non ao Deportivo da Coruña. Ademais, irá comer a un restaurante galego que rexenta un galego de Arteixo. E é que o seu primeiro almorzo inglés seica lle pasou factura.
Wikio

martes, 25 de mayo de 2010

XOSE EN LONDRES CENTRO UNIVERSO

XOSE EN LONDRES 01 - V TELEVISION

Xosé inicia a súa aventura en Londres coa única compaña dunha pequena cámara de vídeo. No primeiro día da súa nova vida farase amigo dun taxista inglés que prefire Cádiz antes que Vigo e dun compostelán que deseñou un mapa ficticio de metro en Santiago de Compostela.
Wikio