jueves, 19 de agosto de 2010

GALERIAS SHUNT PISO RICKSHAWS

XOSE EN LONDRES - 08
Xosé segue na procura dun piso onde comezar a facer vida. Despois de visitar o de Hugo, agora probará co de Susana, unha fotógrafa e artista coruñesa que tamén está a piques de mudar de vivenda. Con ela visitará un dos lugares máis estraños, descoñecidos e enigmáticos de Londres.

A sala de eventos Shunt, un espazo de 9.000 metros cadrados de galerías, que no seu momento albergaron viño, e que agora acollen ducias de espectáculos de diferentes disciplinas artísticas. Desde performances, concertos, exposicións, proxeccións. Un lugar inesquecible, e a piques de pechar para sempre. Atopará Xosé un lugar onde quedar? Ou directamente quedará a vivir nas galerías do Shunt?

XOSE EN LONDRES - 09
Agora que Xosé atopou piso, o seguinte paso da súa aventura é traballar para poder mantelo. Xosé enfróntase neste capítulo á súa primeira entrevista de traballo, curiosamente cun empresario galego que leva máis de 13 anos en Londres, agora rexentando unha empresa de transportes, concretamente de rickshaws. Trátase de bicicletas que tiran dun carro e que transportan persoas, normalmente turistas. Un traballo perfecto para coñecer a fondo a cidade e manterte en forma. Veremos como se lle dan as dúas rodas a Xosé.

Wikio

No hay comentarios: