miércoles, 4 de agosto de 2010

DE ROMARIA NON TODO E FUTBOL



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

De romaría - 43
Un novo grupo chega hoxe ata esta clase de Galego con curso, Rocío Riopedre, Nicolás Marrapode, Nieves Gómez, Silvia Pérez, Gloria Mancilla e Francisco José Delgado acompañarannos nos vindeiros vinte e tres programas, hoxe imos realizar con eles unha xuntanza dunha comisión de festas para ver o traballo que supón organizar un evento deste calibre, aprenderemos léxico relacionado co tema e descubriremos as diferenzas entre os termos abondo e abonda.

Non todo vai ser fútbol - 44

Din que o fútbol é o deporte rei e nós xa falamos del, mais hai outros deportes, segundo din minoritarios, que nós dende Galego con curso queremos coñecer. Un concursante narrará na clase de hoxe un partido de baloncesto, aprenderemos así léxico relacionado con este deporte e con outros deses chamados de minorías. Ademais estudaremos as contraccións da preposición en e os determinantes. Veremos as diferenzas e as similitudes que comparten os verbos gañar e ganar e os seus substantivos.


IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

No hay comentarios: