Non me mires, non me mires - 41
Cada día dáselle máis importancia á estética, xa pasaron os tempos nos que só eran as mulleres as que se preocupaban pola súa imaxe, hoxe a teima de coidarse non está ligada a ningún sexo. Galego con curso quere achegarse á vida cotiá e por iso na clase de hoxe aprenderemos vocabulario relacionado co coidado da imaxe, veremos o xénero das palabras rematadas en -ite, conxugaremos o verbo peitear e estudaremos algunha nova forma para facer recomendacións.Os alumnos do zodiaco - 42
Chegou o derradeiro día do segundo grupo en Galego con curso, hoxe imos falar de Astroloxía, quizais algún deles xa leu no seu horóscopo que vai ser o gañador ou gañadora do concurso. Aprenderemos os nomes dos signos do zodíaco, faremos oracións comparativas con eles e falaremos de distintos adxectivos que os caracterizan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario