domingo, 22 de agosto de 2010

FILLO DO LOBO



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

O fillo do lobo, lobiño é - 53
Ola: Quixera comezar felicitando a todos os que traballades nesta nova cadea, vén encher un oco a nivel de contidos e agradécese moito. A verdade é que normalmente encántanme os programas que sigo, mais hoxe levei unha grande decepción cando estaba a ver o capítulo de "Galego con curso". Coñecín o programa porque me falaron del uns amigos, xuntos estudamos precisamente Filoloxía galega e achamos que o proxecto é unha idea magnífica.

Lamentablemente non podo dicir o mesmo da persoa escollida para impartir estas aulas. Hoxe ensináballe ao seu alumnado algo relacionado coas contraccións e exemplificaba con "Atoparon a-o lobo (ó lobo)", cando calquera mestre de galego sabe que o C.D. en galego non leva preposición (en tal caso sería "Atoparon o lobo/ un lobo", e non "Atoparon ó lobo/a un lobo".
A verdade é que me sentín decepcionada, porque xa de facer algo tan bo, estaría ben que se tivese máis coidado con estes erros, tendo en conta que esta é precisamente unha das faltas que máis se cometen e que máis nos costa erradicar á xente do "gremio". Un dez para o programa e un suspenso para a profesora.

Sinto inmensamente ter que opinar para isto, porque realmente estou encantada con esta nova canle e véxoa moito, mais precisamente por iso quería expresarme. Graciñas polo voso traballo e un saúdo agarimoso para toda a xente que apoiades e facedes realidade estes contidos tan necesario (Mariaxose - Usuario de V Televisión).
IR AL PROGRAMA SIGUIENTEWikio

No hay comentarios: