miércoles, 7 de julio de 2010

ALUGAR APARTAMENTO CHELSEA

XOSE EN LONDRES - 04 V TELEVISION

Xosé segue aloxado na pensión de María, a vilalbesa que coñeceu no seu segundo día en Londres. Agora inicia unha difícil misión, pero non imposible. Tratará de atopar un apartamento para alugar. Ou máis ben, dado os prezos nos que se move a capital británica, busca unha habitación compartida. Estará axudado por outra galega que traballa en Londres coidando nenos. Entre outros lugares, visitará o pintoresco mercado de Whitechapel, onde coñecerá todo tipo de persoas, ningunha delas londiniense.


XOSE EN LONDRES - 05

Despois da pouco frutífera visita ao barrio e mercado de Whitechapel, Xosé coñecerá unha zona bastante máis refinada, en Chelsea, célebre lugar de residencia de moitos famosos, entre eles Mick Jagger, cantante dos Rolling Stones. E farao da man dun bombeiro coruñés que traballa nese mesmo barrio. Iso si, a busca de piso continúa.

Wikio

No hay comentarios: