miércoles, 21 de julio de 2010

TI QUE LES IMPORTANTE PARTICIPAR



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Ti, que les? - 33
Hoxe dende Galego con curso ímonos achegar ao apaixonante mundo das bibliotecas, fuxiremos así da idea que moitos teñen de que nunha biblioteca só se pode ler, hai un mundo por descubrir que é necesario poñer en coñecemento de todos, aprenderemos algún léxico propio dos bibliotecarios ou arquiveiros e estudaremos como se conxuga o presente de indicativo do verbo ler, ademais formaremos o plural dalgún vocabulario que podemos atopar nunha biblioteca.

O importante é participar - 34
Na clase de hoxe, Sandra Faginas, a profesora, vainos agasallar cunha canción infantil que o alumnado deberá traducir e despois cantar con ela xa traducida. Falaremos dos xogos que tiñamos de cativos, veremos léxico de distintos deportes olímpicos por medio duns pictogramas, aprenderemos verbos que responden a accións que se desenvolven en determinados deportes, conxugaremos o presente de indicativo do verbo servir - deterémonos na súa alternancia vocálica- e repararemos na diferenza entre votar e botar.

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

No hay comentarios: