Visteme a modo - 35
Neste Galego con curso imos vestir a un compañeiro espido, non é un dos concursantes, trátase dun manequín ao que lle iremos poñendo pezas de roupa e así aprenderemos os nomes de cada unha delas, estudaremos ademais sinónimos e antónimos de adxectivos que teñen relación coa roupa. Repasaremos algo das contraccións e da acentuación nalgunhas palabras agudas.
En construción - 36
Na clase de hoxe un alumno sairá debuxar unha casa, a partir dese debuxo iremos aprendendo as partes que a conforman, descubriremos ademais vocabulario dos elementos que poden ocupar a leira da casa. Veremos o grupo culto -cc- e -ct- na palabra construción e repararemos o uso da -v- en palabras coma vasoira ou varrer
IR AL PROGRAMA SIGUIENTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario