martes, 20 de julio de 2010

TAXI ADAPTADO TRAILER ORQUESTRA

Sobre rodas 06 - V TELEVISION


Se alguén ten traballo este verán, ese é Marcos. A vella dicotomía dos anos sesenta entre que era mellor, The Beatles ou The Rolling Stones pode trasladarse a Galicia no mundo das orquestras.

Xa saben, ese dó entre a París de Noia e a Panorama, que co permiso doutras moitas que están na primeira división deste tipo de música, loitan polo título de mellor formación de Galicia. E é que as cousas, duns anos ata o de agora, cambiaron moito, e para ben.

O despregue dalgunha delas para un concerto, en moitos casos, non ten nada que envexar á de grupos doutros estilos musicais, en canto a potencia de son, luminotecnia e posta en escena.

Sobre rodas - 07
En Sobre Rodas nos achegamos a Iván que decidiu xuntarse cuns amigos e facer rutas en quad durante as fins de semana pero non só fixo iso, senon que a súa paixón levouno a crear unha escudería para competir na modalidade de Quad Cross.

Pola súa parte, José Manuel, máis coñecido como Gadafi fai todas as semanas 4000 km no seu camion. Desde Porriño ata a cidade francesa de Mulhouse, Gadafi vive 4 días á semana na cabina do camión.


No hay comentarios: