domingo, 11 de julio de 2010

SOÑO DUHNA NOITE E TI DE ONDE ES



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Soño duhna noite de verán - 27

Na clase imos falar das estacións e das partes do día. Lembraremos como o termo primaveira é incorrecto fronte ao que moita xente cre; referirémonos ás distintas formas dialectais do termo verán e aprenderemos as partes do día, decatarémonos, estudando todo isto, de que para definir determinados momentos coma cando se pon o sol o galego posúe un léxido moi rico.

E ti, de onde es? - 28

No Galego con curso de hoxe trataremos os xentilicios, temos a sorte de contar entre os nosos concursantes cun nicaraguano, unha madrileña e un mallorquino, con eles e cos galegos aprenderemos nomes de vilas, cidades e países do mundo e os seus correspondentes xentilicios, ademais repararemos nos sufixos -cia e -za e no caso da palabra Galicia.

IR AL PROXIMO PROGRAMA

No hay comentarios: