IR AL PROGRAMA ANTERIOR
VAIA CHOIO 06 - V TELEVISION
Negroni viaxa neste capítulo ata a cidade da Coruña. Alí, agárdao unha empresa de despece e unha planta fragmentarora de ferro. A xornada de Negroni comeza, non se coñece en terminoloxía técnica como descontaminar un coche: rachando cristais, quitándolle as rodas, aceites e todo tipo de líquidos, que probablemente porán en perigo o estado da súa vermella camisa italiana, un dos sinais de identidade de Negroni, que afronta estes traballos cunha vestimenta pouco axeitada para a ocasión.
VAIA CHOIO 07
Francesco Negroni trasládase esta semana ata As Pontes, na provincia da Coruña, para visitar a granxa de Xaraleira, unha granxa moi pouco común. Nela desempeñará o choio de criador de roedores: máis de nove mil ratas, ratas calvas, ratos, chinchillas e hamsters que serán suministradas como alimento vivo e como mascotas. Nesta dura xornada laboral Francesco estará acompañado polo xerente e por duas operarias que lle axudarán a diferenciar machos e femias de ratos, a limpar xaulas, a recoller excrementos, cos que abonará o campo, e a colocar ca boca collares a una especie de rato do máis especial. Tras tanto trato, ¿levará Francesco un rato para a casa?
domingo, 18 de julio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario