Como un libro aberto - 31
Hoxe internámonos no apaixonante mundo dos libros, coñeceremos as partes do libro e descubriremos o que significa estar no prelo. Falaremos dos novos soportes fronte ás follas de papel tradicionais: Ademais estudaremos as contraccións da preposición por e os artigos determinados e repasaremos as contraccións entre a preposición a e os artigos determinados.E como é el? - 32
A todos nos gusta falar dos demais, con maior ou menor malicia, iso si, mais a todos nos gusta laretar. Hoxe na clase de Galego con curso o alumnado e a profesora van rexoubar. Imos aprender vocabulario de sentimentos e relacionar o substantivo, o adxetivo e o verbo dalgún deles. Ademais coñeceremos adxectivos que designan o noso carácter e os seus antónimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario