sábado, 25 de septiembre de 2010

CAMDEN PUNK AU PAIR

XOSE EN LONDRES - 10
Xosé segue a procura de traballo en Londres. Neste caso diríxese ao mítico mercado de Camden, onde falará cun mozo galego que lle axudará nesta difícil tarefa.

Xuntos percorrerán un dos lugares máis asombrosos, eclécticos e cosmopolitas do mundo: o mercado de Camden. Berce do movemento punk, con Xosé comprobaremos como os «punkies» nunca marcharon de alí. Permanecen fieis ás súas crestas, piercings e «cortes de manga».

XOSE EN LONDRES - 11
A busca de traballo non se lle está a dar ben a Xosé. Despois de probar sorte como condutor de rickshaws, tirando de bicicletas con pasaxeiros, Xosé falará cun galego que exerce unha profesión igual de cansa, pero sen saír da casa:
au-pair, que é como en Londres son coñecidos os coidadores de nenos.

Trátase dun dos traballos máis típicos que desenvolven os recén chegados a Londres. Xosé coñecerá as vantaxes e desvantaxes da profesión para iniciar a busca dunha familia que o acolla e lle dea traballo.
Wikio

2 comentarios:

Miércoles dijo...

Me he enterado de la serie de Xosé en Londres por este blog. Gracias, me he pasado un buen rato buscando y viendo los demás capítulos. Me ha traído recuerdos :-)

JOSE dijo...

Los gallegos estamos en todas partes.
Un saludo a Gran Bretaña.