Xa están aqui - 69
Moitos son os que pensan que non estamos sos na inmensidade do espazo, no Galego con curso aprenderemos léxico relacionado co espazo exterior, veremos que hai palabras simples e outras compostas e algún tipo de formación destas últimas; ademais xogaremos con algúns adxectivos buscándolles os seus sinónimos.Iso vai ser da CPU - 70
Vivimos no século da informática e das novas tecnoloxías, a todas e a todos se nos estragou nalgún momento o ordenador, esta vai ser a situación que os nosos concursantes deberán representar no Galego con curso, ademais conxugaremos o verbo saber en presente e en pretérito de indicativo, xogaremos con algún acrónimo e algunha sigla e formaremos o plural nalgún caso.
IR AL PROGRAMA SIGUIENTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario