jueves, 15 de diciembre de 2011

SAN TELMO TUI TROITA DE OROSO

A Mochila do Viaxeiro 9
San Telmo. Tui.
Marta Doviro viaxa coa súa mochila a Tui, para vivir o día grande nas festas de San Telmo. A xornada festiva arrinca ben cedo na feira dos cabalos, onde Marta aprenderá a montar a cabalo. Ademáis viaxará en barco pola desembocadura do Miño, descobrerá o Monte Aloia, parque natural dende 1978, e asisitirá as procesións de San Telmo, descobrerá a cociña máis creativa de Tui e conversará coas monxas "encerradas". Todo isto na compaña de José Font, director da radio municipal de Tui ou de Alfonso Sánchez, historiador e director da Biblioteca Municipal de Tui. Unha xornada de festa inesquecible que se garda, coma sempre, na mochila do viaxeiro.

A mochila do viaxeiro 10

Festa da Troita de Oroso
Marta Doviro viaxa ata a comarca de Ordes para participar na XV edición da Festa da Troita de Oroso. Ali, en compaña da pescadora Maite Marquéz, probará sorte co seu anzol nas augas do río Támega. Ademáis diso, conversará cos pregoeiros Tacho González e Patricia Vázquez, probará a subir nun coche clásico, participará na degustación popular da troita de Oroso e conversará co historiador Manolo Pazos. Unha xornada de pesca e diversión garantizada.

Wikio

No hay comentarios: