jueves, 22 de diciembre de 2011

SPANISH FRIENDS OCUPANDO LA CITY

XOSE EN LONDRES 67 - Xosé e os spanish friends

Xosé recibe a visita de 4 amigos galegos que van de vacacións a Londres. Os 5 farán turismo pola cidade do Támesis e terán a Xosé como guía de exepción. Iso implica a visita a museos e pubs a partes iguais. Cada museo, un pub, cada pub, unhas pintas. Entre os museos, dous dos máis importantes, o Museo Británico e o Museo de Historia Natural. Entre os pubs... calquera vale, a fin e cabo.
XOSE EN LONDRES 68 - Ocupando a City

Xosé marcha de manifestación unha vez máis, e xa van ?nonseicantas? desde que está en Londres. Nesta caso enrólase cos manifestantes ingleses da corrente "Occupy Wall Street" inciada nos EEUU. Trátase de invadir a City, o centro financeiro de Europa e case do mundo, e protestar polos beneficios que se están a levar os banqueiros e especuladores. Xosé vivirá, durante a ocupación, situacións que só se dan en Londres, por exemplo ver como unha parella que se vai casar (vestidos de noivos) non pode ir á igrexa por mor da manifestación.
Wikio

No hay comentarios: