jueves, 1 de diciembre de 2011

VIÑO AMANDI SEMANA SANTA VIVEIRO

A Mochila do Viaxeiro 7
Feira do Viño de Amandi de Sober
Marta Doviro viaxa ata Sober co gallo da XXIX Feira do Viño de Amandi. Alí, a viaxeira conversará co pte da D.O. Ribeira Sacra, ademáis de coñecer o Palacio de Sober, descubrir os segredos da Olería de Gundivós, subir a bordo do catamarán que atravesa os Cañons do Sil, coñecer unha ádega de viño de Amandi, conversar co pregoeiro David Amor ou catar o viño das mellores adegas de Amandi. Unha estupenda ocasión para coñecer a comarca da Ribeira Sacra e descobrer a riqueza natural e humana do concello de Sober.

A mochila do viaxeiro 8

Semana Santa de Viveiro
O programa deténse esta fin de semana en Viveiro para vivir o carón desta vila mariñeira a súa Semana Santa. Marta Doviro conversará con Ramón Pernas, destacado viveirense vencellado ó mundo da cultura; xantará con Gustavo Pernas e Anxela G. Ábalo, membros da cía de teatro Áncora Produccións.

Tamén conversará co Pte. Da xunta de Cofradías de Viveiro e asistirá ás procesións, coñecendo de primeira man a fieis, visitantes e petinentes dunha das Semanas Santas máis populares e importantes de Galicia.
Wikio

No hay comentarios: