miércoles, 19 de agosto de 2009

FIESTAS DEL CARMEN EN FISTERRA

RESUMEN DE LAS FIESTAS PUBLICADO EN LA PAGINA WEB DEL AYUNTAMIENTO DE FISTERRA.

Os actos previstos para a celebración das festas patronais e do Carme en Fisterra son os seguintes:

Martes, 8 de setembro: FESTIVIDADE DA PATRONA "NOSA SRA. DAS AREAS"Ás 11:00h. procesión polas rúas da vila coa Patrona acompañada por unha banda de música e ás 12:00h. misa solemne na Igrexa Parroquial. Ás 14:00h. sesión vermú coa orquestra LOS PRÍNCIPES. A noitiña actuará a orquestra LOS PRÍNCIPES e o grupo VERDEMAR.

Mércores, 9 de setembro: FESTIVIDADE DA VIRXE DO CARME. Ás 10:30h. procesión e misa solemne na nova lonxa de peixe na honra da Virxe do Carme acompañada pola Banda Militar do Tercio Norte de Ferrol e a tradicional procesión marítima, bendición de embarcacións, homenaxe aos náufragos, salve mariñeira e retorno a Igrexa Parroquial. Tras iso, sesión vermú coa orquestra EMBAJADORES. Ás 19:00h., tradicional desfile militar na praia da Ribeira. Amenizarán a noite a orquestra EMBAJADORES e o grupo MAR AZUL.

Xoves, 10 de setembro: FESTIVIDADE DE SAN ROQUE. Pasarrúas coa Banda de Gaitas e Tambores "DESIDERIO PAZ DE FISTERRA". Ás 11:00h. procesión na honra de San Roque e posterior misa solemne na Igrexa Parroquial. Ás 14:00h. sesión vermú coa orquestra ACORDES. A noitiña, remate das festas coa actuación estelar de RÁFAGA e a orquestra ACORDES.

A novena dará comenzo o mércores, día 2 ás 20:00h. na Igrexa Parroquial.

No hay comentarios: