V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES - 16Acampada no Big Ben.
Xosé visita o lugar máis carismático da cidade do Támesis, o Big Ben. Pero, como non podía ser doutro xeito, algo se interpón na súa visita turística. Xosé atoparase cunha acampada ao mesmísimo pé do reloxo do Big Ben. Unha acampada de protesta, con aires de festival de Woodstock á inglesa, no que se concentran personaxes peculiares de todas as nacionalidades do planeta. Esta acampada leva meses instalada no Big Ben protestando contra a guerra en Afganistán e contra o armamento nuclear. Xosé mergullarase no ambiente hippie-reivindicativo e coñecerá aos individuos máis particulares que se atopan nese lugar. Ademais, ao final do día, visitará a Mireia, unha coruñesa que traballa nun banco.
PUB BARMAN EN CAMDEN - 17
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario