V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES - 12Hoxe, Xosé atópase en pleno centro de Londres, en Holldorn, ao lado de Piccadilly Circus. A Axencia Británica de Seguridade Alimentaria creouse no 2000 para protexer ao consumidor nos temas alimenticios. Dani é un dos "funcionarios" da axencia.
XOSE EN LONDRES - 13 - BBC
Xosé segue co seu parón na busca de traballo. Agora anda á procura de festa por Londres adiante. Nesta ocasión, Xosé irá a un exclusivo clube da BBC, a mítica canle pública británica, para presenciar un concerto dunha banda na que toca un galego chamado Dani. A banda é Daniel Spiller and the Broken Record Project. Xosé adentrarase no exclusivo clube da BBC a onde só teñen acceso os traballadores da cadea. Ademais, Xosé coñecerá ao seu homólogo keniata, un africano chamado Joseph (Xosé) que tamén vai armado cunha cámara gravando aos africanos que se atopan na cidade do Támesis.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario