martes, 26 de octubre de 2010

DE PARTO ULTREIA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

De parto - 99

No Galego con curso, o noso alumnado terá que representar unha situación que se podería dar na vida real e que se reflectiu non en poucas películas, un parto nun autobús no medio dun atoamento, os concursantes vannos demostrar as súas artes de matronas, estudaremos o verbo parir, os plurais dos estranxeirismos rematados en ?r e femininos que non comparten a base léxica co masculino.

Ultreia - 100

O 2010 é ano santo e hai moitas persoas que están interesadas en gañar o xubileo, no Galego con curso de hoxe trasladámonos ata a praza do Obradoiro para vivir unha situación que a máis dun lle resultará coñecida. Estudaremos o verbo crer e ler, a grafía do x, xogaremos co léxico e repararemos en como realizamos as descricións.
Wikio

No hay comentarios: