Vaia repaso - 124
O próximo día é a última clase desta tempada do Galego con curso, aprendemos moito neste tempo mais é necesario facer un repaso xeral por todos os contidos que fomos vendo ao longo destes 124 programas. Para ir asentando os nosos coñecementos hoxe, entre todos, estudaremos de novo a formación dos femininos, dos plurais, a acentuación...
Ata outra! - 125
Hoxe é o último día de programa, un concursante deste grupo, que nos acompañou nesta recta final, vai ser o gañador e saberemos da súa identidade neste Galego con curso. Remataremos o noso curso de galego debatendo sobre a realidade lingüística que vivimos no día a día.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario