martes, 30 de noviembre de 2010

CONTAME UN CONTO DE QUEN SE TRATA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Cóntame un conto - 122
Cando lemos unha narración poucas veces nos paramos a pensar se a persoa que a conta o fai en primeira persoa, en terceira, se é coñecedora ou non de todos os feitos, se foi testemuña, protagonista ou se está a facer un monólogo interior, normalmente, mergullámonos na historia e todo o demais pasa a un segundo plano, hoxe en Galego con curso imos botarlle unha ollada, moi por riba, aos tipos de narradores e estudaremos a forma verbal do participio.

De quen se trata ? - 123
No Galego con curso de hoxe imos xogar a adiviñar, o alumnado terá que demostrar as súas habilidades para acertar a identidade duns personaxes famosos. Xogaremos tamén cos adxectivos explicativos e especificativos e a partir duns adxectivos dados buscaremos o verbo que comparte con eles a raíz ou lexema.

No hay comentarios: