Unha volta po lo medievo - 117
Nestes últimos anos púxose moi de moda regresar ao pasado, é moi habitual que en moitas vilas e cidades se celebren feiras medievais onde se representan hábitos desta época, en Galego con curso ímonos trasladar ao pasado e vivir tamén un anaquiño no medievo. Aprenderemos vocabulario relacionado coa época medieval, palabras que se escriben con v e veremos algúns femininos rematados en -ín, -ún ,-én.
Moza galega solteira busca...- 118
Os concursantes terán que representar hoxe unha situación na que unha persoa entreviste a outra para decidir se é o compañeiro ideal para compartir piso, aprenderemos léxico relacionado cos pisos e cos alugueres; estudaremos o presente e o pretérito de indicativo dos verbos ver e vir e substituiremos elementos por medio dos pronomes átonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario