Polo San Xoán, a sardiña molla o pan - 119
En toda Galicia hai unha antiga e forte tradición da celebración do San Xoán, moitos son os refráns que fan mención a esta festa e todos coñecemos ritos que se poden realizar na noite máxica do 23 ao 24 de xuño, hoxe en Galego con curso falaremos do San Xoán, das cacharelas, das sardiñas... e ademais aprenderemos algunhas palabras que levan h.
Despois de saíres, pecha - 120
No Galego con curso de hoxe o noso alumnado vai participar un xogo no que terá que utilizar conxuncións adversativas, adverbios e locucións adverbiais de tempo, deste xeito aprenderemos a gramática máis dura dunha maneira entretida; ademais estudaremos unha forma verbal que é característica só do galego e do portugués, o infinitivo conxugado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario