As cabazas do Samaín - 115
Na clase imos falar do Samaín, unha festa cunha longa tradición en Galicia na que se recibe ao ¿Novo Ano Celta?, é unha festa de transición, o paso dun ano a outro, e tamén a apertura ao outro mundo. É a noite das cabazas e na que recibimos aos nosos defuntos na casa. Conxugaremos o presente, o pretérito, o futuro e o pospretérito de indicativo do verbo rir.
Imos á praia! - 116
Moitas veces cando un vai á praia e comeza a carrexar todas as cousas que levou pregúntase se é realmente necesario levar todo aquilo para pasar un par de horas na praia, esta é a situación que representará hoxe o alumnado de Galego con curso. Aprenderemos algún léxico relacionado coa praia, repasaremos o te e o che e traballaremos con algúns antónimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario