jueves, 24 de febrero de 2011

CALEXA AUTOBUS DOCTORA

Sobre rodas 27 - V TELEVISION

Os carros non son só un transporte do pasado. Alomenos iso nos demostra Carlos, empregrado dunha empresa que se dedica a alugar calexas, en Cortiñán. Os eventos especiais, comas as vodas, son o seu forte. Pero conducir unha calexa implica moito máis que saber manexar un cabalo: a preparación da besta a situacións imprevistas será a clave para non sufrir disgustos.

Nada que ver co traballo de Antonio, profesor de autoescola dende hai 27 anos. Tal é a súa experiencia que o veremos ensinar a conducir un autobús, algo para o que non todos os seus compañeiros están preparados.
Sobre rodas 28 - Unha doutora que traballa no servizo de hospitalización a domicilio

Dende o Hospital Xeral de Vigo faremos un longo percorrido con Noa, unha doutora que traballa no servizo de hospitalización a domicilio. O seu emprego implica pasar moito tempo sobre rodas, sorteando os graves problemas de aparcamento da cidade olívica para atender ata 40 pacientes. Deste xeito, contribúe a mellorar a súa calidade de vida, ao mesmo tempo que alixeira traballo no hospital.
Wikio

No hay comentarios: