Sobre rodas 02 - V TELEVISION
VER EL PROGRAMA ANTERIOR
Sobre rodas - 03
A primeira testemuña, Fran, naceu en Murcia pero o amor o trouxo ata Vigo. Na cidade olivica desenvolve o seu labor como profesor de autoescola, un traballo que lle encanta porque a sua vocacion sempre foi a ensinanza. Fran presentanos a unha das suas alumnas mais veteranas, Feli, das pocas persoas da sua idade (sobre 70) que deciden sacar o carne de turismo, mais complicado pero coa mesma ilusion que unha persoa de 18. Practica de turismo polas, sempre complicadas, ruas de Vigo.
Pola súa parte, Carlos ten o orgullo de elaborar o mellor pan do mundo, o de Cea. O unico pan de Galicia con Indicacion Xeografica Protexida e que grazas a Carlos, chega a moitos puntos da peninsula. Tres veces por semana Carlos, carga a sua furgoneta coas bolas ou ? poias? de pan de Cea para levalas desde o seu forno en Cea (Ourense) ata cidades como Vigo ou Pontevedra pero, o pan de Cea non ten fronteiras e pode chegar mesmo ata Xapon ou Vietnam en perfecto estado, xa que a materia prima e de primeira calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario