Iso non ! - 13
Hoxe levaremos á clase algún sinal de prohibición para aprender a expresar estes contidos, veremos así formas como: está prohibido, non se permite, non se pode...? Faremos unhas pequenas normas da clase e poñerémolas en común. Abriremos un debate para discutir se somos, en xeral, respectuosos cos demais e, polo tanto, se actuamos civicamente nas nosas accións.
Que grande é o cine ! - 14
A profesora, Sandra Faginas, achégalle hoxe ao seu alumnado o mundo do cinema. Falaremos do cine, das películas, dos actores... aprenderemos léxico relacionado con este eido mais non só co do filme en si senón tamén con todo o do seu arredor e repararemos en palabras que nos poden causar algún problemiña no seu xénero. Falaremos dalgunha película e faremos unha breve sinopse para deixar constancia do que gozamos con ela.
IR AL PROGRAMA SIGUIENTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario