viernes, 25 de junio de 2010

DOMINGO DE BICICLETAS EN CEE

DOMINGO 27/6/2010 - 11.00 - Centro Comercial Finis Terrae - CEE

O Concello de Cee colabora na organización do Día da Bicicleta aportando os seus medios, entre eles o Grumir e Protección Civil.
Juan Manuel Trillo forma parte de este último corpo e estará o domingo velando porque todo saia segundo o previsto.


A Policía Local de Cee implícase na celebración do Día da Bicicleta de Cee, que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz e que arrancará este domingo, ás once da mañá, do Centro Comercial Finis Terrae.

Jesús Manuel García Leal é un dos tres axentes que formarán parte do dispositivo :
-¿Hai algún punto especialmente complicado?
-É un paseo, non unha competición, e non haberá problema ningún. O máis conflitivo son as estradas comarcais, pero estarán todas controladas. Temos todo xa preparado, o domingo pola mañá reunirémonos todos os que participemos no dispositivo para falar dos detalles. Tamén está previsto que nos axude a Garda Civil de Tráfico.

-¿Que lle parece a cita coa bici?
-Eu, sempre que podo, cando non traballo, participo, e animo a todos os que poidan a participar no Día da Bicicleta, é un día moi apetecibl
e para sacar a bici, e moi entretido.

-¿Como ve o percorrido?
-É longo, durará entre dúas horas e media e tres horas porque a xente vai ao seu ritmo. Imos ata Pereiriña para volver a Cee por
Toba e Camiños Chans.



Wikio

No hay comentarios: