VAIA CHOIO 02 - V TELEVISION
Francesco Negroni viaxa ata Vigo para traballar nunha planta de recollida e reciclaxe de lixo. A súa xornada discorrerá entre colectores, restos orgánicos, cartón, cristais, metais, aparellos electrónicos, e colchóns. Todo para separar e reciclar. Un proceso complexo e sucio. O traballo perfecto para Francesco Negroni.
VAIA CHOIO - 03
Francesco Negroni viaxa nesta ocasión ata Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Alí atópase o Parque Natural de Marcelle, un zoolóxico que alberga todo tipo de animais, moitos deles ceibes. Cervos, bisontes, muflóns, lobos, dromedarios, linces, anguros... Francesco Negroni, de rigoroso traxe beige, enfrontarase nesta ocasión aos traballos cotiás dos coidadores do parque. Darlle de comer aos crocodilos, limpar as parcelas dos dromedarios, cazar unha avestruz (vai a 60 km hora) para poñerlle unha inxección... Eses choios que só Francesco Negroni pode facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario