domingo, 6 de junio de 2010

LARETA POLBO FROITA SOBREMESA




Que facemos a fin de semana ? - 05
Hoxe imos aprender o vocabulario de todo aquilo que é necesario gardar nunha maleta e nun estoxo cando queremos marchar uns días de viaxe. Veremos algunhas construcións coas que podemos facer recomendacións e repararemos na forma do imperativo dalgún verbo. Descubriremos como hai palabras estranxeiras que usamos na nosa vida cotiá e que están tan inseridas na lingua que case as recoñecemos como propias, e no medio de todo este remuíño achegarémonos ás distintas formas do determinante demostrativo galego.
De comedela! - 06
É necesario ter uns bos hábitos alimenticios e os nosos concursantes sábeno ben, comentaránnos os seus costumes e aprenderemos o xénero dagúns alimentos que se atopan moi presentes na nosa vida diaria. Por medio dun role- playing, representación dunha situación da vida real, o noso alumnado visitará un restaurante e comerá á carta, por suposto, utilizando as formas de cortesía.

No hay comentarios: