V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES 51 - Concurso de cócteis Neste capítulo Xosé vive un día completamente distinto ao que está acostumado en Londres. Xosé acode ao Concurso Internacional de Cócteis onde compite o coruñés Pablo Mosquera cun combinado inspirado no Camiño de Santiago.
Xosé compartirá os tensos momentos previos ao concurso con el e a súa familia, saberá se resulta gañador ou non (admítense apostas) e evidentemente catará algúns dos mellores combinados. Chegará presentable á casa despois de tan axetreado día?
XOSE EN LONDRES 52 - O 15-M en Londres
Xosé únese durante unhas horas ao movemento do 15M, concretamente á súa "delegación" en Londres. Alí conversará cunha das indignadas galegas, Andrea, unha ferrolá case recén chegada que non dubidou en unirse á iniciativa.
Xosé presenciará unha das asembleas do grupo, coñecerá a organización do campamento e saberá dalgunhas anécdotas moi curiosas que lles teñen ocorrido cos educados policías londinienses.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario