martes, 4 de enero de 2011

BAR GALICIA LONDRES SACERDOTE

XOSE EN LONDRES - 24

Coa chegada do Nadal, a morriña pode con Xosé. Xosé necesita o contacto con galegos e para iso vai a un dos puntos de encontro máis emblemáticos, o bar Galicia, situado no famoso barrio de Portobelo. Ata alí vai Xosé, para compartir unhas cuncas cos moitos galegos que están no bar todos os días. Camareiros falando galego, clientes falando galego e por suposto, comida galega. Pero non só de galegos vive o bar Galicia. Entre os ilustres clientes do bar atópase o primeiro ministro David Cameron ou o peculiar alcalde de Londres, Boris Johnson.

Xosé coñecerá algúns segredos sobre as moitas visitas que estes dous convidados especiais fan ao bar Galicia. Unha delas, por exemplo, que en plena campaña electoral Cameron declarou ante as cámaras que ese era o seu bar favorito. Ou que Johnson, o alcalde, aparca a bicicleta ás portas do establecemento para ir directamente á súa mesa e pedir chipiróns, polbo ou outros produtos recén chegados desde Galicia. Estes e outros moitos segredos serán desvelados, cunha tapa de polbo de por medio.
XOSE EN LONDRES - 25

Primeiro capítulo de Xosé en Londres do 2011. Durante as vacacións do Nadal, Xosé regresou a Galicia. Aquí devorou tanta comida galega como para aguantar case todo o 2011 sen botar de menos a nosa gastronomía. Agora Xosé regresa a Londres para intentar refacer a súa caótica vida londiniense. Para iso vaille padir axuda ao mesmísimo Deus, a través dun cura, iso si, o cura Ernesto.

Ernesto é un sacerdote de Monterrei que leva 40 anos en Londres oficiando misas e axudando á xente. Onde? Na Capellanía Católica Española, un edificio situado no acomodado barrio londiniense de Bayswater, antiga residencia de Tony Blair ou Claudia Schiffer. A Capellanía onde oficia Ernesto é un lugar cunha historia asombrosa que Xosé coñecerá de primeira man. Alí acollía Ernesto aos centos de galegos que chegaban a Gran Bretaña nos anos 60, sen ter idea de inglés, sen teléfono móbil e sen un ¿duro? no peto.

Ernesto acollía, daba de comer e axudaba a buscar aloxamento e traballo a todo aquel que chegaba a Londres e se atopaba sen saber por onde empezar. Pero non só acollida, senón tamén reivindicación. Ernesto liderou actos reivindicativos contra as axencias de colocación que estafaban aos galegos prometéndolles de todo, para non ter nada. Nun deses actos reivindicativos, chegou a estar Joaquín Sabina actuando na Capellanía. Curioso, cando menos.

Wikio

No hay comentarios: