martes, 25 de enero de 2011

FLORES TAXISTA BEBIDAS VETERINARIO

Sobre rodas 25 - V TELEVISION

Javi é comercial de flores en Vigo. Despois de todos os anos que leva, para el os clientes xa son como da familia. Moitas son as anécdotas que lle teñen acontecido, a maioría delas comprometidas, pero con final feliz. Como cando enviou uns lirios a unha voda e estes non daban aberto para amosar a súa fermosura no día do casamento. Di que chegou ata ter pesadelos, pero conseguiu o seu obxectivo. Pola súa banda, Argimiro estivo emigrado dous anos en Alemaña e outros doce en Suíza. Agora traballa como taxista en Galicia e tamén ten moito que contar sobre os centos de historias que acontecen dentro dun transporte coma este.

Sobre rodas 26 -

Novos casos de xente que desenvolve o seu traballo sobre rodas, como Juan, que un distribuidor de bebidas vigués e Francisco, un veterinario que vai casa por casa atallando as enfermidades do reino animal.
Wikio

No hay comentarios: