jueves, 13 de enero de 2011

INMIGRANTES OS FURANCHOS

Os galegos sempre fomos un pobo de emigrantes. No século XXI semella que xa somos un país desenvolvido: agora recibimos inmigrantes. Primeiro viñeron de volta os que no seu día marcharan; ou os seus descendentes, galegos tamén. Despois, xentes doutras etnias ben diferenciadas a nós. Pero pasaban desapercibidos. Ben, a non ser que fosen xogadores do Depor ou do Celta.
Os furanchos son un dos establecementos tradicionais máis característicos do noso territorio. Ideados como un medio de dar saída ao remanente de viño de cada colleita constitúen na súa tempada de apertura unha das citas obrigadas para que os veciños se reúnan como noutro tempo arredor dunha cunca a cantar e contar contos. As distintas iniciativas de ilegalización por competencia desleal puxeron en perigo a supervivencia destes establecementos que loitan contra o sanbenito de seren restaurantes encubertos. Propietarios e parroquianos dos furanchos e membros de distintos grupos de música de Galicia desenvolverán conxuntamente actuacións nestes establecementos facendo versións propias do tema ¿Quenteñaviño?, co fin de construir un canto único con multitude de voces a prol desta forma de relación social.
Wikio

No hay comentarios: