martes, 11 de enero de 2011

CINE BUTANO PEIXE GARDA CIVIL

Sobre rodas 23 - V TELEVISION

Un canario cun cine ambulante e un repartidor de butano no rural son os novos protagonistas de Sobre Rodas. José chegou de Canarias hai dous anos. Fíxose técnico audiovisual e agora ten un cine infantil ambulante. Percorre aldeas galegas proxectando cine para os máis cativos, alí onde os cines non chegaron nin probablemente chegarán nunca. Cos vídeos que recollen e gravan nos seus percorridos, farán unha película de animación. Gregorio é repartidor de butano no rural galego. O entorno do concello de Portas é a súa zona. Entre carga e descarga de bombona, Gregorio levou uns cantos sustos cos cans das casas. Todos os donos din que non fan nada, pero ao final... algúns si que fan algo.

Sobre rodas 24 - V TELEVISION

Elena e Jesús, dúas vidas Sobre Rodas relacionadas polo peixe. Según din dela, fala máis que a Belén Esteban. Chámase Elena, a peixeira a domicilio máis famosa de toda a comarca de Pontevedra. Ela reparte peixe a domicilio pola zona de Poio e defende que faga sempre moita calor, porque se vai frío a xente fai cocidos e sopas... e o peixe nin velo. Despois dos anos, as súas clientes convertíronse nas súas amigas. Pola súa banda a profesión de Jesús tamén está relacionada co peixe, aínda que simbólicamente. Jesús é Garda Civil de Tráfico e dedícase a "pescar" infractores. A conflitiva zona de Sanxenxo é unha das áreas que frecuenta. El vai só, pero sempre leva unha patrulla de apoio. Curiosamente, antes de ser Garda Civil nunca tivera unha infracción de tráfico. Iso si, unha vez que se fixo, algunha si que caeu.
Wikio

No hay comentarios: