V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES - 31Xosé segue coa súa boa vida en Londres. Neste novo capítulo, percorrerá algunhas das zonas máis turísticas da cidade, xunto a unha curtametraxista viguesa que estudou cine alí. Xosé e Adriana coñecerán por lugares emblemáticos onde se rodaron películas como Harry Potter, El Diario de Bridget Jones ou Juez Dredd. Ademais, para rematar o día, Xosé e Adriana colaranse no museo de arte contemporánea, na Tate Modern, onde visitarán a obra dun artista chinés composta por 100 millóns de pipas de porcelana feitas a man.
XOSE EN LONDRES - 32 - Museos
Xosé está moi cómodo no seu papel de turista. Así leva xa uns cantos meses e así semella que vai seguir. Neste capítulo vai de visita a un dos moitos museos de Londres, ao Victoria and Albert, onde traballa como restaurador un vigués xa coñecido do programa, Víctor Hugo. Xosé percorrerá as entrañas do museo durante unha exclusiva visita guiada que o levará ata a impresionante réplica do Pórtico da Gloria que alberga o museo desde hai de 150 anos.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario