martes, 15 de marzo de 2011

XOSE EN PERIGO DIA DE TRABALLO

XOSE EN LONDRES - 33

Xosé é dos que tropezan dúas veces na mesma pedra ou, se cadra, tres ou catro. Despois de que lle romperan a cámara e case o esmagasen durante a manifestación de estudantes á que foi, neste capítulo Xosé volve a outra manifestación. Neste caso "vai de marcha" polas rúas londinienses cos estudantes armados de pancartas e bengalas ata a sé do Partido Conservador para, ao final do percorrido, atoparse con exipcios ante a súa embaixada en contra do caído goberno de Mubarak.
XOSE EN LONDRES - 34 - Dia de traballo

Despois de moitos capítulos vivindo a vida do turista, Xosé volve contactar co mundo laboral en Londres. Faráo nunha empresa "touroperadora" onde traballa un vigués, Gonzalo, que leva residindo en Londres 4 anos. Xosé coñecerá o interior desta empresa cunha plantilla de 250 persoas, a maioría ingleses. Xosé entrevistarase co director da mesma para ver se poderían ter un oco para él como "touroperador". Despois da xornada de traballo, Xosé e Gonzalo relaxarán a tensión nun concerto no mítico barrio de Camden.
Wikio

No hay comentarios: