martes, 22 de marzo de 2011

4 X 4 GRUA TRANVIA MUDANZAS MOTO

Sobre rodas 31 - V TELEVISION

Ás veces non é posible chegar co noso coche a todos os sitios que queremos. Pero para estes casos, existe unha potente alternativa chamada 4x4. David é un condutor destes vehículos, que leva a xente por rutas que lles permiten tomar contacto coa natureza dun xeito singular. Neste programa veremos os avatares de adentrarse por zonas abruptas, e os trucos para sacar o todoterreo dun lugar dificultoso.

Ás 5 da madrugada, mentres a cidade durme, Antonio ten que erguerse da cama para manexar a grúa dun estaleiro. A hora de espertar non depende da súa hora de entrada na empresa, senón das dificultades de aparcamento no Porto de Vigo. Barullo, ruído e atafego son os síntomas de que terá un duro día por diante.
Sobre rodas 32 - Tranvia, Tren turistico, Detective, Mudanzas, Motos historicas.

A Coruña debe ser un dos poucos lugares que aínda conserva o tranvía. Iso si: de xeito turístico, coma un dos atractivos da cidade. Unha forma de transporte que ten unha boa demanda entre os visitantes, pero ao que aínda non se acostumaron os coruñeses, que deixan coches e bicicletas aparcados diante da vía.

Alomenos ese é un problema co que non se atopa Diego, conductor do tren turístico de Pontevedra., unha cidade da que está completamente namorado. As rodas tamén son imprescindibles para o traballo detectivesco. Aí o coche non só se confire como un medio de transporte, senón tamén no perfecto instrumento de camuflaxe.

Para outros coma Vicente, a estrada significa a súa vida: 41 anos leva conducindo o mesmo camión de mudanzas que mercou nos anos 60. Para outros coma Fernando, Miro e Román, a estrada máis que un medio de vida é un medio de esparexemento por onde rodar coas súas motos históricas, perfectamente coidadas e conservadas coma no primeiro día.
Wikio

No hay comentarios: