miércoles, 9 de marzo de 2011

QUADS LIMPIEZA CONDUCCION GUIA

Sobre rodas 29 - V TELEVISION

A crise económica afecta de moitos xeitos a quen a sofre. Por exemplo: a industria do ocio ve mermado o seu consumo. Outros seguen tendo traballo a esgalla, pero atopan problemas á hora de cobrar. Son as dúas caras da moeda que forman un monitor de quads ATV e un empresario no eido da limpeza. O cangués José Ramón pon de manifesto a mala fama do seu negocio tras os graves accidentes de quad que trascenderon nos medios. Namentres, Raiumundo amosa unha certa morriña polos seus anos de traballo en Suíza, onde di que existen menos problemas para saír adiante coma autónomo.
Sobre rodas 30 - Andrés, que dirixe un curso de conducción e Raúl, guía turístico de Vigo

¿Quen non se atopou nunca nunha situación de risco ao volante do seu coche? Para saber como facer fronte a eses intres, existen profesores coma Andrés, que dirixe un curso de conducción segura. Esvaramentos, perigos, obstáculos... son algunhas das cousas que deben sortear os seus alumnos, facendo gala duns nervios a proba de bomba. Todo o contrario ao traballo de Raúl, guía turístico de Vigo. O seu medio de transporte é un «segway», unha sorte de monopatín motorizado que se manexa cun leve movemento do corpo. Raúl coñece a cidade coma a palma da súa man, e ve nesta forma de transporte unha alternativa moderna, ecolóxica e ideal para sortear as costas empinadas.
Wikio

No hay comentarios: