martes, 24 de mayo de 2011

AFILADOR QUAD BOMBEROS LECHE

Sobre rodas 35 - Afiladores, vehículos clásicos históricos, campeón de quad. - V TELEVISION

Juan José e Antonio deben de ser a última "parella" de afiadores que segue en activo por Galicia adiante. Percorren a provincia de Pontevedra coa fin de poñer a punto as ferramentas de traballo de moita xente. Ademais de pór o alcance dos clientes algúns útiles cotiás: son os multiusos de Tui.

Nada que ver con Juan Carlos Pérez, presidente da Asociación Automóbil Club de Galicia, a primeira de vehículos clásicos históricos da nosa comunidade. Con 33 anos de idade xa posúe un parque de 9 coches nos que destaca un Cadillac do ano 53, no que irá con Sonia de paseo xunto os demáis socios do clube.

Por último coñeceremos a historia de Ricardo Escudero, tres veces campión de España de Quad Cross e campión galego o ano pasado. Este crack do motor conducirá a Sonia ó seu circuito, no que probarán os quads dando unhas voltas.
Sobre rodas 36 - Encargada Parking Aeropuerto.

En Figueirido (Pontevedra) atópase a Brilat (Brigada de Infantería Aerotransportable). Alí o cabo primeiro Emilio Girón lle ensinará a Sonia as instalacións dos militares, e a facilidade coa que un trailer que leva unha máquina enriba, pode ser cargado por outro vehículo todavía máis grande.

Os bombeiros de Ourense serán os seguintes protagonistas, unha banda moi responsable e equilibrada a que poderá acompañar a nosa presentadora nun intenso día de traballo no que haberá moitas sorpresas.

Tamén coñeceremos a Rocío Goyos, unha rapaza moi nova que traballa para a empresa Deleite Galego. Con 21 anos carga todo o leite de Fontemiña (Lugo) co seu camión, ademais de ser a capitana do equipo de futbol feminino da Pastoriza.
Wikio

No hay comentarios: