lunes, 9 de mayo de 2011

PEDRA FUMO TAXI PARKING LAVACOLLA

Sobre rodas 33 - Transportista da pedra, furgon fumadero, taxista. - V TELEVISION

O primeiro Sobre Rodas desta segunda tempada ven animado. A nosa nova presentadora, Sonia Noguerol, acompañará a Óscar González nun duro día de traballo. Este condutor de tráiler, natural de Vincios (Pontevedra), traballa a pedra e a transporta. Nada que ver con Fernando, o propietario dun furgón fumadoiro aparcado diante do seu restaurante en Nigrán, para a xente que todavía non deixou o vicio.

Sen embargo, este non será o único uso que o hostaleiro lle dea ó seu vehículo...veremos para que o emprega nos seus ratos libres. Para rematar Sonia coñecerá a Andrés, un bo taxista da Pastoriza (Lugo), que ás veces cambia o taxi polo tractor, compaxinando o servizo público, co seu traballo no rural.
Sobre rodas 34 - Encargada Parking Aeropuerto.

Guadalupe Laíño é a encargada do Parking Lavacolla de Santiago. Unha muller á que lle gusta coñecer xente e fará moi boas migas con Sonia. As dúas recollerán o coche dun cliente e subirán outro máis ó aeroporto.

En Ourense coñeceremos a Arturo Vázquez, o traballador máis coñecido e divertido de Grúas Alvarez, ademais de ser o máis disposto da empresa. Francisco Fernández é o xefe coordinador de estibadores da Autoridade Portuaria de Vigo. O ex-traballador da marina mercante coordinará con Sonia as tarefas de carga de vehículos, nun buque Ro-Ro.
Wikio

No hay comentarios: