lunes, 16 de mayo de 2011

EN PERIGO A METROS DA RAIÑA

XOSE EN LONDRES - 39

Xosé en perigo 3

Xosé tripite nunha manifestación na cidade de Londres. Unha vez máis, á xente sae á rúa. Desta volta non son só os estudantes, senón tamén o resto da poboación a que se manifesta en contra dos recortes do goberno de Cameron. Trátase de manifestación máis multitudinaria en moito tempo e alí estará Xosé, no ollo do furacán. Anarquistas, pais de familia, obreiros, nenos pequenos e Xosé no medio de todos, captando o sentir de todos.
XOSE EN LONDRES - 40 - Xosé a dous metros da raiña

Xosé vai estar máis preto que nunca na súa vida da raíña Isabel II. Como? A través dunha dedicatoria escrita por ela e que posúe un galego que Xosé vai coñecer en Londres. Trátase de José Ponte, natural da Campiña (Lubre-Bergondo. José traballou durante 40 anos nalgúns dos dos máis selectos clubes de Londres, a onde acoden altos mandos do exército, a familia real ou famosos en xeral. José contaralle a Xosé (case) todos os segredos e cotilleos que coñece sobre xente á que serviu como The Beatles, Lady Di, Muhammad Ali ou Isabel II.
Wikio

No hay comentarios: