miércoles, 28 de septiembre de 2011

SANIDAD LONDRES CARNAVAL

XOSE EN LONDRES 55 - Sistema sanitario londinense

Xosé vai afondar neste capítulo no sistema sanitario londiniense grazas a dous enfermeiros galegos recén chegados á capital británica.

Con eles falará polas rúas centrais de Londres, onde vivirán un momento moi curioso, serán partícipes de 3 manifestacións ao mesmo tempo: unha de ciclistas espidos, outra de mozas defendendo vestir roupa sexy e unha última en contra de Mugabe, presidente de Zimbabue.
XOSE EN LONDRES 56 - Carnaval de Notting Hill

Esta semana Xosé vai de festa ao famoso Carnaval de Notting Hill. Alí, entre caribeños, africanos, xamaicanos e tamén europeos, Xosé gozará dun dos días máis festeiros de todo o ano londiniense.

Malia que pouco ten que ver co Entroido de Verín, o Carnaval de Notting Hill é unha festa espectacular que cada ano se celebra, desde o 1960, no famoso barrio londiniense. Durante dous días as rúas énchense de disfraces, comparsas, colorido e xente desexosa de deshinibirse e pasalo ben.
Wikio

No hay comentarios: