Mostrando entradas con la etiqueta A MOCHILA DO VIAXEIRO 1 - 20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A MOCHILA DO VIAXEIRO 1 - 20. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de diciembre de 2011

TAPAS EN SANTIAGO

A Mochila do Viaxeiro 11
Santiago (é) Tapas
Marta Doviro leva a súa mochila ate Santiago de Compostela con motivo do arranque do «Santiago(é)Tapas». Alí, entre paseo e paseo polas rúas do compostela histórico, degustará varias tapas a concurso en compaña de Blanca Cendán, directora do Centro Dramático Galego, Luís Zahera, actor, Juan Carlos Zahera, director do espazo de danza da USC e do Mago Romaris. Todos eles vencellados ó mundo cultural de Santiago. Ademáis conversara co Pte. da asociación de hosteleiros de Santiago, Aser Álvarez, e levará na súa mochila a receita dunha das tapas a concurso. Bo proveito!

A mochila do viaxeiro 12

O mellor da Mochila do Viaxeiro
Wikio

jueves, 15 de diciembre de 2011

SAN TELMO TUI TROITA DE OROSO

A Mochila do Viaxeiro 9
San Telmo. Tui.
Marta Doviro viaxa coa súa mochila a Tui, para vivir o día grande nas festas de San Telmo. A xornada festiva arrinca ben cedo na feira dos cabalos, onde Marta aprenderá a montar a cabalo. Ademáis viaxará en barco pola desembocadura do Miño, descobrerá o Monte Aloia, parque natural dende 1978, e asisitirá as procesións de San Telmo, descobrerá a cociña máis creativa de Tui e conversará coas monxas "encerradas". Todo isto na compaña de José Font, director da radio municipal de Tui ou de Alfonso Sánchez, historiador e director da Biblioteca Municipal de Tui. Unha xornada de festa inesquecible que se garda, coma sempre, na mochila do viaxeiro.

A mochila do viaxeiro 10

Festa da Troita de Oroso
Marta Doviro viaxa ata a comarca de Ordes para participar na XV edición da Festa da Troita de Oroso. Ali, en compaña da pescadora Maite Marquéz, probará sorte co seu anzol nas augas do río Támega. Ademáis diso, conversará cos pregoeiros Tacho González e Patricia Vázquez, probará a subir nun coche clásico, participará na degustación popular da troita de Oroso e conversará co historiador Manolo Pazos. Unha xornada de pesca e diversión garantizada.

Wikio

jueves, 1 de diciembre de 2011

VIÑO AMANDI SEMANA SANTA VIVEIRO

A Mochila do Viaxeiro 7
Feira do Viño de Amandi de Sober
Marta Doviro viaxa ata Sober co gallo da XXIX Feira do Viño de Amandi. Alí, a viaxeira conversará co pte da D.O. Ribeira Sacra, ademáis de coñecer o Palacio de Sober, descubrir os segredos da Olería de Gundivós, subir a bordo do catamarán que atravesa os Cañons do Sil, coñecer unha ádega de viño de Amandi, conversar co pregoeiro David Amor ou catar o viño das mellores adegas de Amandi. Unha estupenda ocasión para coñecer a comarca da Ribeira Sacra e descobrer a riqueza natural e humana do concello de Sober.

A mochila do viaxeiro 8

Semana Santa de Viveiro
O programa deténse esta fin de semana en Viveiro para vivir o carón desta vila mariñeira a súa Semana Santa. Marta Doviro conversará con Ramón Pernas, destacado viveirense vencellado ó mundo da cultura; xantará con Gustavo Pernas e Anxela G. Ábalo, membros da cía de teatro Áncora Produccións.

Tamén conversará co Pte. Da xunta de Cofradías de Viveiro e asistirá ás procesións, coñecendo de primeira man a fieis, visitantes e petinentes dunha das Semanas Santas máis populares e importantes de Galicia.
Wikio

martes, 22 de noviembre de 2011

QUEIXO D.O. SAN SIMON VILALBA

A Mochila do Viaxeiro 5
Feira do Queixo con D.O. San Simón da costa de Vilalba

A mochila do viaxeiro 6

Lo mejor de A mochila do viaxeiro
A mochila do viaxeiro ábrese esta fin de semana para botar unha ollada ó acumulado nos seus primeiros cinco viaxes. Esta fin de semana veremos os millores momentos das feiras e festas de Lalín, Baiona, Laza, Arzúa e Vilalba.

A mochila do viaxeiro é unha serie documental de actualidade que percorre as mellores festas gastronomicas e populares do noso país, a través do ollar da súa presentadora Marta Doviro.
Wikio

martes, 1 de noviembre de 2011

BAIONA QUEIXO ARZUA ULLOA

A Mochila do Viaxeiro 3
ARRIBADA DE BAIONA

A mochila do viaxeiro 4

FEIRA DO QUEIXO ARZÚA-ULLOA
A «mochilera» Marta Doviro deténse esta fin de semana en Arzúa co galo da 36 feira do queixo Arzúa-Ulloa. Nesta xornada visitará o recinto feiral, conversando cos queixeiros e queixeiras alí instalados, onde incluso probará sorte na venda deste producto o carón dalgun dos comerciantes.

Ademáis, aprenderá a preparar un queixo típico de arzúa, visitará a queixería Barral, conversará co presidente da D.O. Arzúa-Ulloa, Jose Luís Carrera, co cal degustará un bacallao con queixo ademáis de visitar o Museo do mel ou conversar coa coñecida Susana Seivane. Todo isto e moito máis, ao longo dunha xornada festiva.
Wikio

martes, 18 de octubre de 2011

COCIDO LALIN CARNAVAL LAZA

A Mochila do Viaxeiro 1
FESTA DO COCIDO DE LALÍN
Dende primeira hora da mañá, Marta Doviro introducese nos preparativos do día grande da 43 feira do cocido de Lalín.

Marta visitará unha cociña onde se preparan neste día máis de 300 cocidos, conversará co concelleiro de cultura e turismo do concello de Lalín, Nicolas Varela, así como cos participantes nas distintas actividades da feira, como o desfile de carrozas ou o capitulo xeral da encomenda do cocido.

Inacio Vilariño ou Roberto Varela, conselleiro de cultura, son outros dos protagonistas deste día festivo na vida da nosa viaxeira.

A mochila do viaxeiro 2

CARNAVAL DE LAZA
Marta Doviro viaxa ata a comarca de Monterrei, en Ourense, para coñecer o entroido de Laza, unha das celebracións con máis tradición de toda galicia.

Nesta ocasión, Marta falará con dous peliqueiros de Laza momentos antes da súa estrea, comerá a tradicional bica, asistirá á misa e beberá xastré, ademáis de conversar co alcalde do concello, José Ramón Barreal ou co presidente da D.O. Monterrei, Antonio M. Atanes.

Unha excelente ocasión para coñecer o singular e fascinante entroido de Laza.
Wikio