Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 113 - 122. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 113 - 122. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de noviembre de 2010

SAN XOAN DESPOIS DE SAIRES PECHA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Polo San Xoán, a sardiña molla o pan - 119
En toda Galicia hai unha antiga e forte tradición da celebración do San Xoán, moitos son os refráns que fan mención a esta festa e todos coñecemos ritos que se poden realizar na noite máxica do 23 ao 24 de xuño, hoxe en Galego con curso falaremos do San Xoán, das cacharelas, das sardiñas... e ademais aprenderemos algunhas palabras que levan h.

Despois de saíres, pecha - 120
No Galego con curso de hoxe o noso alumnado vai participar un xogo no que terá que utilizar conxuncións adversativas, adverbios e locucións adverbiais de tempo, deste xeito aprenderemos a gramática máis dura dunha maneira entretida; ademais estudaremos unha forma verbal que é característica só do galego e do portugués, o infinitivo conxugado.

martes, 23 de noviembre de 2010

PO LO MEDIEVO COMPARTIR PISO



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Unha volta po lo medievo - 117
Nestes últimos anos púxose moi de moda regresar ao pasado, é moi habitual que en moitas vilas e cidades se celebren feiras medievais onde se representan hábitos desta época, en Galego con curso ímonos trasladar ao pasado e vivir tamén un anaquiño no medievo. Aprenderemos vocabulario relacionado coa época medieval, palabras que se escriben con v e veremos algúns femininos rematados en -ín, -ún ,-én.
Moza galega solteira busca...- 118
Os concursantes terán que representar hoxe unha situación na que unha persoa entreviste a outra para decidir se é o compañeiro ideal para compartir piso, aprenderemos léxico relacionado cos pisos e cos alugueres; estudaremos o presente e o pretérito de indicativo dos verbos ver e vir e substituiremos elementos por medio dos pronomes átonos.

jueves, 18 de noviembre de 2010

CABAZAS DO SAMAIN IMOS A PRAIA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

As cabazas do Samaín - 115
Na clase imos falar do Samaín, unha festa cunha longa tradición en Galicia na que se recibe ao ¿Novo Ano Celta?, é unha festa de transición, o paso dun ano a outro, e tamén a apertura ao outro mundo. É a noite das cabazas e na que recibimos aos nosos defuntos na casa. Conxugaremos o presente, o pretérito, o futuro e o pospretérito de indicativo do verbo rir.

Imos á praia! - 116
Moitas veces cando un vai á praia e comeza a carrexar todas as cousas que levou pregúntase se é realmente necesario levar todo aquilo para pasar un par de horas na praia, esta é a situación que representará hoxe o alumnado de Galego con curso. Aprenderemos algún léxico relacionado coa praia, repasaremos o te e o che e traballaremos con algúns antónimos.

martes, 16 de noviembre de 2010

DE PLENO MUNICIPAL ASASINATO



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

De Pleno municipal - 113
Os concursantes representarán hoxe un Pleno municipal, veremos como se desenvolven neste novo papel de políticos as nosas alumnas e os nosos alumnos. Neste Galego con curso aprenderemos un chisquiño de ortografía e o uso das maiúsculas e minúsculas en palabras que poden presentar algunha dúbida, traballaremos un exercicio con algúns antónimos.

De Anatomìa dun asasinato - 114
Os concursantes terán que realizar unha autopsia no Galego con curso de hoxe, quen será o coelliño de Indias para esta situación? Estudaremos o presente, o pretérito e o copretérito de indicativo e o presente de subxuntivo do verbo valer. Aprenderemos pares de palabras nos que a acentuación marca a diferenza de significado.