Mostrando entradas con la etiqueta LENDAS VIVAS 1 - 10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LENDAS VIVAS 1 - 10. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de diciembre de 2011

BAUTISMO NIGRAN NIGROMANTE OSEIRA

CAPITULO 7 - O bautismo prenatal (Nigrán)
Nunha das máis emblemáticas pontes medievais de Galicia, a Ponte da Ramallosa, no concello de Nigrán, asistiremos a un dos ritos máis curiosos e sorprendentes de cantos se relacionan coa transmisión da vida: o chamado bautismo prenatal, o bautizo dunha criatura dentro do ventre de súa nai.
CAPITULO 8 - O abade nigromante de Oseira

Unha lenda de amizade, conversión e misterio nunha xuventude na que o xogo coas artes ocultas e a adiviñación a través da morte lle fixeron entrar en contacto co máis alá. Mais tralo seu encontro con Oseira, o abade Lourenzo chegou a ser un dos principais priores beneditinos de Europa durante o século XIII despois de entrar na orde do Císter.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

CASTELO DE NEGROS MORTOS TEIXIDO

CAPITULO 5 - A moura do castelo de Negros (Redondela)
No programa de hoxe coñeceremos as figuras das mouras, as súas capacidades sobrenaturais, os segredos que gardan, as formas baixo as que se nos presentan e os rituais que debemos superar para liberalas do seu encantamento. No Castro de Negros do concello de Redondela vive unha lendaria moura que continúa agardando a afouteza de quen sexa capaz de liberala do seu encantamento, e imos amosarlles como conseguilo.
CAPITULO 6 - A peregrinación dos mortos (San Andrés de Teixido)

miércoles, 16 de noviembre de 2011

AUGAS SANTAS MILAGRE DO CEBREIRO

CAPITULO 3 - Santa Mariña de Augas Santas

A través dunha figura feminina, Mariña, mártir e santa que soportou terribles tormentos ante o acoso constante do precepto romano Olibrio, descubriremos unha fascinante lenda de carácter relixioso e animista vinculada a lugares de curación da natureza onde as árbores, as pedras e sobretodo as augas son santas.
CAPITULO 4 - O milagre do Cebreiro

O milagre do Cebreiro é unha historia medieval que transcendeu as nosas fronteiras a través do Camiño de Santiago e mesmo da cultura artúrica e que hoxe nos dá coñecer en en todo o mundo. A conversión do viño en sangue e o pan en carne de Cristo mostran a vitoria da perseveranza da fe.

miércoles, 26 de octubre de 2011

SOBROSO PONTEAREAS SAN GUILLERME

Galicia é terra de lendas. É a terra da Santa Compaña, de historias de sereas, meigas e meigallos, de lendas con profundas raíces na cultura popular transmitidas ao longo dos séculos pola tradición oral. Lendas Vivas é unha nova forma de transmisión destas lendas, impresionantes representacións audiovisuais daquelas historias que, a través da senda do tempo, chegaron ata os nosos días.

Coa inestimable compañía de Xosé Couñago e entrevistas a historiadores e persoas próximas ao mundo das lendas, indagaremos para achegarnos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas..

CAPITULO 1 - Floralba e o peregrino

Din que non hai castelo sen fantasma roldando os seu muros e corredores; este é o caso da fortaleza de Sobroso, pertencente a Ponteareas, onde se desenvolveu unha das máis tráxicas historias lendarias de amor que tiveron lugar. Encadrada na época dos Reis Católicos, deixou tras de si o rastro de dúas ánimas vagando eternamente nos seus arredores.
CAPITULO 2 - A Ermida de San Guillerme (Fisterra)

Nun dos cabos da fin do mundo da antigüidade coñeceremos algúns dos lugares máis máxicos de Fisterra. Na ermida de San Guillerme conflúen os ritos ancestrais das celebracións arredor da Ara Solis como lugar de transmigración das almas cara ao máis alá do solpor, xunto con ritos da fecundidade que as parellas practican na chamada "Cama do Santo"para propiciar os embarazos.