Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 92 - 101. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 92 - 101. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de octubre de 2010

PURO TEATRO OBXECTOS PERDIDOS



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Puro teatro - 101

Din que as oficinas de obxectos perdidos se parecen un pouco a uns grandes almacéns londinienses dos que se dicía que se podía atopar dende un alfinete ata un elefante, imos ver qué perderon hoxe os nosos concunsantes e como resolven a situación que lles formulamos neste Galego con curso, ademais veremos algunhas perífrases verbais e repasaremos o artigo indeterminado.

Obxectos perdidos - 102

martes, 26 de octubre de 2010

DE PARTO ULTREIA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

De parto - 99

No Galego con curso, o noso alumnado terá que representar unha situación que se podería dar na vida real e que se reflectiu non en poucas películas, un parto nun autobús no medio dun atoamento, os concursantes vannos demostrar as súas artes de matronas, estudaremos o verbo parir, os plurais dos estranxeirismos rematados en ?r e femininos que non comparten a base léxica co masculino.

Ultreia - 100

O 2010 é ano santo e hai moitas persoas que están interesadas en gañar o xubileo, no Galego con curso de hoxe trasladámonos ata a praza do Obradoiro para vivir unha situación que a máis dun lle resultará coñecida. Estudaremos o verbo crer e ler, a grafía do x, xogaremos co léxico e repararemos en como realizamos as descricións.
Wikio

jueves, 21 de octubre de 2010

O FUTBOL MOITAS GRAZAS A TODOS



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

O fútbol é así - 97

Moitas grazas a todos - 98
Moitas e moitos de nós soñamos algunha vez con pisar unha alfombra vermella e vestir traxes impresionantes para ir recoller un premio,de seguro que máis dun pensou que iso de que o discurso non o tiñan preparado porque non contaban con gañar era unha mentira, hoxe en Galego con curso, imos realizar un deses discursos para toda a clase, ademais repasaremos o superlativo, veremos femininos con terminacións especiais e aprenderemos como usar algunhas formas latinas aínda vivas no uso cotiá da lingua.

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

martes, 19 de octubre de 2010

CARTEIRO CITA A CEGAS



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Carteirooooo - 95
Coas novas tecnoloxías e a internet o correo ordinario está en desuso, mais en Galego con curso imos defender este xeito de comunicarse e visitar unha oficina de correos. Estudaremos as palabras homógrafas pero non homófonas, o verbo caber, a grafia do x e algúns pares de palabras.

O amor non é eterno ou polo menos non para todas as parellas pero a vida danos moitas oportunidades para namorarnos de novo, hoxe en Galego con curso o noso alumnado terá que representar unha situación dunha cita a cegas, quizais algún deles acudiu a algunha e pode reflectir a súa experiencia, aprenderemos o uso do te e o che e realizaremos xogos de palabras.

sábado, 16 de octubre de 2010

NAUFRAGOS HAS TER MOITA SORTE



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Náufragos - 93
Vida por vida, primeiro a miña, non é raro escoitar esta frase na boca da xente cando queren salvarse dunha situación, en Galego con curso o alumnado terá que demostrar o seu poder de convicción diante da clase, nunha situación de vida ou morte os motivos para persuadir aos compañeiros teñen que ser de nota; estudaremos as perífrases modais: desiderativas e de obriga, e repasaremos a formación das comparativas.